Thursday 09 de May de 2024

Alumnos e alumnas do Castelao visitan a mostra fotográfica ‘Galicia Máxica’


Os nenos e nenas de primeiro e segundo curso de primaria do CEIP Castelao visitaron mostra fotográfica ‘Galicia Máxica’. Alí puideron ver a través das imaxes expostas xentes, paisaxes, costumes e tradicións da zona de Ordes e comarca, captadas entre os anos 1965 e 1968 polo etnógrafo Gustav Henningsen.
‘Galicia Máxica’ pódese visitar no Museo do Traxe Juanjo Liñares ata o vindeiro martes, 10 de maio.